27 de out. de 2014

Noite dos calacús

Os celtas celebraban co Samaín o cambio de ano e  a fin do tempo das colleitas. Así nacía un ano novo.Era o momento no que as ánimas volvían para visitar os familiares. Era costume deixar o lume da lareira aceso para que se quentasen. Era a noite do 31 de outubro ó 1 de novembro. Todo isto tamen supuña un perigo polo que acostumaban deixar as caveiras dos inimigos sobre un muro cunha candea acesa. Tamén acostumaban baleirar nabos.
Crese que este costume foi exportado aos EEUU e deu lugar ao Halloween.
Aquí hoxe en día é costume baleirar as cabazas e por suposto lembrarse dos mortos.
Por iso hai un refrán que di
Polo tempo de todos os Santos (1° de novembro) mira os nabos;
se fosen bos, di que son malos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario